O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, estivo esta mañá na presentación do II Torneo de Xadrez Cidade de Lugo, que organiza o Club Escola Luguesa de Xadrez e se celebrará os días 11, 12 e 13, e 18, 19 e 20 de novembro. No acto tamén estiveron presentes Pablo Castro Girona, presidente do Club Escola Luguesa de Xadrez “Xaquedrum”, José Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Deporte de Lugo e José Manuel Rozas, xefe territorial da Secretaria Xeral para o Deporte.
Máis información: Vicepresidencia primeira
No hay comentarios:
Publicar un comentario