Resultados:

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9

Partidas:

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9


ENGADIDAS DUAS PARTIDAS DE MIGUEL ANGEL NAS ROLDAS 7 E 8

Nota sobre a publicación das partidas:

Os comentarios das partidas están baseados nos análisis do Rybka 4 mentras se introducen as xogadas, así que son orientativos e non exentos de erros. Tan so se añaden os máis evidentes.

lunes, 26 de noviembre de 2012

Partidas Rolda 9

Bonita rolda final con moita emoción e boas partidas.

Na mesa 1 Walter (1º) se proclama merecido vencedor do torneo gañando todas as partidas, esta vez a Roberto Gómez na eslava

Nas mesas 2 e 3 duelo Círculo das Artes-Recatelo, houbo algún intre que pensamos que gañábamos as dúas partidas. Non poido ser, Anxo (5º) que tivo gran ventaxa na partida ante Casares (2º), primeiro cun claro peon de ventaxa e despois cun final gañador, acabou perdendo. Mentras tanto nunha partida moi reñida de enroques opuestos con Del Barrio (6º), ainda que con erros por ambas partes, eu (3º) estraguei un final gañado para terminar xogando para non perder.

Na mesa 4 suicidaron as opcións de cobrar Jose Ramón Pardo (8º) e Angel Domínguez (7º) en beneficio de Diego Florez que gañou na mesa 5 e que se lle derón todos os resultados necesarios para quedar 4º no torneo

Atención: a partida Diego Florez-Borja Fernández foi actualizada debido a un erro no análise forense da planilla


Listado de premios 2012


LISTADO DE PREMIOS DEL III TORNEO CIDADE DE LUGO

1º WALTER LOPEZ RODRIGUEZ

2º CARLOS CASARES CABANAS

3º ALFREDO LOPEZ LOPEZ

4º DIEGO FLOREZ RODRIGUEZ

5º ANGEL PENALONGA SWEERS

6º JESUS MARIA DEL BARRIO GOMEZ

SUB 1800

1º ANGEL DOMINGUEZ FERNANDEZ

2º ALEXANDRE RODRIGUEZ SIGLER

3º RODRIGO FRANCO JIMENEZ

SIN ELO

1º ABDELLAH SARHANI

2º ALEJANDRO CERVIGNI

3º ALEXIS OTERO

JUGADORES DE LA ESCOLA LUGUESA

1º JOSE RAMON PARDO

2º DAVID PEREZ CARBALLO

3º BORJA FERNANDEZ ANSUAR

CATEGORIA FEMENINA

1º MIREYA REPRESA

2º VICTORIA FILGUEIRAS

3º WAFAE SARHANI

SUB 10

1º NICOLAS CORREDOIRA

2º PABLO LOPEZ

domingo, 25 de noviembre de 2012

Partidas Rolda 8

Tras las dos jornadas del sábado el jugador del Círculo Ferrolano Walter (7) se pone como lider en solitario tras ganar todas sus partidas, Casares (6.5) cede tablas con Alfredo (6) y Penalonga (6) derrota a Diego Florez, Del Barrio (5,5) cede medio punto con Angel Domínguez (5.5), Eduardo Braña pierde una partida incomprensible por bandera. Así pues el grupo de 5.5 lo completan José Ramón Pardo, Roberto Gómez (que se enfrentará a Walter en la última)


Partidas Rolda 7

Os comentarios ás partidas de esta ronda engadireinos a partir do do martes



lunes, 19 de noviembre de 2012

Partidas Rolda 6

Unha vez transcurrido o segundo fin de semán do torneo, temos como lider en solitario tras vencer a Diego Florez e invicto con 6 de 6 a Carlos Casares que está realizando un mágnífico torneo, e que xogará contra o segundo clasificado Walter  López na vindeira 7ª rolda. Duelo vital para o desenlace dos primeiros postos do torneo. Walter venceu a Penalonga que ofreceu bastante resistencia ainda que finalmente caeu nos apuros.

O premio de beleza da xornada, con permiso de todos, voumo levar eu. Ainda que David Carballo se deixou peza na xogada 7 creo que a partida merece este premio polo método empregado, pouco convencional, de manifestar a ventaxa. Non puiden evitar recordar a partida Penalonga-Roberto da rolda 3.

Sorprendente a derrota que infrinxiu Borja Fernández a Roberto Gómez que tivo un fin de semana nefasto facendo medio punto de 3, está claro que non está tendo o seu torneo. Roberto deixouse un golpe táctico co que perdeú o peón de g6 do enroque e a partir de ahí Borja xoga moi preciso e non deu opción á remontada. Norabóa ao xogador da Escola Luguesa pola excelente partida.


domingo, 18 de noviembre de 2012

Partidas Rolda 5

Partidas sen comentarios, serán engadidos a partir do luns



Partidas Rolda 4

Partidas sen comentarios, serán engadidos a partir do luns



domingo, 11 de noviembre de 2012

Partidas Rolda 3

O elo sigue mandando.

Na mesa 1 un servidor unha vez máis non pode con Walter que xa empeza a posicionarse como a miña besta negra con, al menos que recorde eu, 3-0 (prefiro non recordar máis). ¡Walter tarde o temprano serás meu!

Na mesa 2 sorprendente partida na que Anxo Penalonga obriga a entregala dama por peza e torre a Roberto Gómez pero curiosamente Roberto ten moita actividade e Anxo non atopa o camiño ganador.

Na mesa 3 David Pérez da Escola Luguesa fai unha boa partida con Casares conseguindo chegar a un final igualado pero líase e termina perdendo.

Na mesa 4 Diego Florez derrota a Miguel Angel Fernández a pesar de que nos apuros houbo un doble de cabalo que poido cambiar o resultado.

Como curiosidade destacar a partida entre Alfonso Agra e Borja Fernández na que a valoración da mesma deu varios vuelcos a cada xogada que pasaba perdendo ao final quen debera gañar.

Non se publica a partida de Pablo Gandoy porque non hay partida. Gañou a por incomparecencia.



Partidas Rolda 2

Finada a segunda rolda tampouco se produciron sorpresas ainda que ocasións houbo.

As partidas máis disputadas foron as que protagonizaron Andrés Graña da Escola Luguesa e Mireya Represa do clube Laroca de Nigrán.

Andrés Graña da escola luguesa xugou unha gran partida frente a Diego Florez, amosando moitísima agresividade. Xusto antes do cambio de damas a posición blanca e excelente e aínda despóis no final todavía conservaba serias opcións, pero Pavón e un xugador moi escurridizo.

Por outra banda Mireya Represa puxo en serios apuros a un servidor que non estuvo fino na apertura chegando a entregar dous tempos limpios Cc2 e Ca3. Bonita partida na que ambos xogadores loitaron pola conquista da iniciativa.

Na rolda de mañá produciranse duros enfrontamentos que prometen intensas partidas!


sábado, 10 de noviembre de 2012

Partidas Rolda 1

Na primeira rolda do torneo, curiosamente, non houbo ningunha sorpresa gañando todas as partidas os xogadores que tiñan maior elo en todas as mesas.

Nas primeiras mesas os que tiveron máis problemas para resolver foron Walter e Anxo Penalonga.

Na mesa 1 Alejandro Arias sacrifica un alfil por dous peóns a Walter, un cambio que normalmente non é bo e aquí tampouco o foi, pero a Walter, un pouco confiado, de tanto simplificar a posición a pouco máis non lle queda con que gañar. Ao final prevaleceu a táctica.

Os problemas de Anxo Penalonga vs Alvaro Filgueiras foron máis ben co tempo xa que chegou a estar cun minuto e medio durante bastantes xogadas, non obstante a posición era de clara ventaxa.


miércoles, 24 de octubre de 2012

Premios 2012

Premios do III Torneo Cidade de lugo:

XeralElo <1800Sen Elo FIDEEscola LuguesaCategoría femininaSub 10
1º   450 € + trofeo
2º   250 €
3º   225 €
4º   200 €
5º ao 6   100€
1º   70 €
2º   40 €
3º   20 €
1º   70 €
2º   40 €
3º   20 €
1º   70 €
2º   40 €
3º   20 €
1º   70 €
2º   40 €
3º   20 €

1º Trofeo
2º Trofeo
3º Trofe

Bases III Torneo Cidade de Lugo

Sala de xogo: Sala multiusos da nave de asociacións, no parque de Frigsa.

Ritmo de xogo:90 minutos por xogador + 30 segundos de incremento por xogada.
O torneo disputarase a diario polo sistema suízo a 9 roldas, e será válido para a obtención de elo FIDE

  • 1ª rolda: 10 de novembro ás 10:00 horas
  • 2ª rolda: 10 de novembro ás 16:30 horas
  • 3ª rolda: 11 de novembro ás 16:30 horas
  • 4ª rolda: 17 de novembro ás 10:00 horas
  • 5ª rolda: 17 de novembro ás 16:30 horas
  • 6ª rolda: 18 de novembro ás 16:30 horas
  • 7ª rolda: 24 de novembro ás 10:00 horas
  • 8º rolda: 24 de novembro ás 16:30 horas
  • 9º rolda: 25 de novembro ás 16:30 horas

Empregarase un programa informático para realizar os emparellamentos, aos cales non se poderá reclamar
Byes:Pódense pedir 3 byes (de medio punto cada un) ata a séptima rolda (incluída), deberanse solicitar vía e-mail á dirección xaquedrum@gmail.com ou por escrito na sala de xogo, cunha antelación de 2 horas o final da rolda anterior.
Todo participante no torneo que non ingrese a inscrición antes do 11 de novembro non será emparellado. A inscrición é de 20 €.
Permítese un tempo de demora de 60 minutos con respecto á hora de inicio de rolda; transcorrido o cal si un xogador non está presente perderá a partida.
Todo xogador que non se presente a unha rolda sen causa xustificada será eliminado do torneo.
Premios non acumulables e o xogador recibirá o de maior cuantía ée se é a mesma cuantía o de maior categoría. Os premios estarán sometidos á retención fiscal correspondente.

Sistemas de desempate a sortear tras a derradeira sesión:
  • Progresivo ate as derradeiras consecuencias
  • Número de partidas xogadas
  • Bucholz total
  • Bucholz mediano quitando o peor resultado
De manterse o empate seguirase por esta orde: Resultado particular e xogador que leva as negras

Todos os xogadores deberán estar federados na FEDA, non se admitirá no torneo a ningún xogador que non estea federado.
Antes do inicio da primeira rolda publicaranse as ordes de forza ordenados por ELO FIDE, si non tivese elo FIDE considerarase o FEDA como FIDE a efectos de orde de forza inicial.
As decisións do árbitro poderanse reclamar a un comité. O comité estará formado polo director do torneo e por dous xogadores titulares e dous reservas.
Non se permitirán análise na sala de xogo.
Recoméndase aos participantes a notificación a algún árbitro cando, por razón xustificada abandonen a sala de xogo no transcurso da súa partida
A Organización resérvase o dereito a modificar as bases do III Torneo Cidade de Lugo sin outra obriga máis que a de publicalas na páxina web: www.xaquedrum.es.
A participación no Torneo supón a aceptación destas bases.