Sala de xogo: Sala multiusos da nave de asociacións, no parque de Frigsa.
Ritmo de xogo:90 minutos por xogador + 30 segundos de incremento por xogada.
O torneo disputarase a diario polo sistema suízo a 9 roldas, e será válido para a obtención de elo FIDE
- 1ª rolda: 10 de novembro ás 10:00 horas
- 2ª rolda: 10 de novembro ás 16:30 horas
- 3ª rolda: 11 de novembro ás 16:30 horas
- 4ª rolda: 17 de novembro ás 10:00 horas
- 5ª rolda: 17 de novembro ás 16:30 horas
- 6ª rolda: 18 de novembro ás 16:30 horas
- 7ª rolda: 24 de novembro ás 10:00 horas
- 8º rolda: 24 de novembro ás 16:30 horas
- 9º rolda: 25 de novembro ás 16:30 horas
Empregarase un programa informático para realizar os emparellamentos, aos cales non se poderá reclamar
Byes:Pódense pedir 3 byes (de medio punto cada un) ata a séptima rolda (incluída), deberanse solicitar vía e-mail á dirección xaquedrum@gmail.com ou por escrito na sala de xogo, cunha antelación de 2 horas o final da rolda anterior.
Todo participante no torneo que non ingrese a inscrición antes do 11 de novembro non será emparellado. A inscrición é de 20 €.
Permítese un tempo de demora de 60 minutos con respecto á hora de inicio de rolda; transcorrido o cal si un xogador non está presente perderá a partida.
Todo xogador que non se presente a unha rolda sen causa xustificada será eliminado do torneo.
Premios non acumulables e o xogador recibirá o de maior cuantía ée se é a mesma cuantía o de maior categoría. Os premios estarán sometidos á retención fiscal correspondente.
Sistemas de desempate a sortear tras a derradeira sesión:
- Progresivo ate as derradeiras consecuencias
- Número de partidas xogadas
- Bucholz total
- Bucholz mediano quitando o peor resultado
Todos os xogadores deberán estar federados na FEDA, non se admitirá no torneo a ningún xogador que non estea federado.
Antes do inicio da primeira rolda publicaranse as ordes de forza ordenados por ELO FIDE, si non tivese elo FIDE considerarase o FEDA como FIDE a efectos de orde de forza inicial.
As decisións do árbitro poderanse reclamar a un comité. O comité estará formado polo director do torneo e por dous xogadores titulares e dous reservas.
Non se permitirán análise na sala de xogo.
Recoméndase aos participantes a notificación a algún árbitro cando, por razón xustificada abandonen a sala de xogo no transcurso da súa partida
A Organización resérvase o dereito a modificar as bases do III Torneo Cidade de Lugo sin outra obriga máis que a de publicalas na páxina web: www.xaquedrum.es.
A participación no Torneo supón a aceptación destas bases.