Bonita rolda final con moita emoción e boas partidas.
Na mesa 1 Walter (1º) se proclama merecido vencedor do torneo gañando todas as partidas, esta vez a Roberto Gómez na eslava
Nas mesas 2 e 3 duelo Círculo das Artes-Recatelo, houbo algún intre que pensamos que gañábamos as dúas partidas. Non poido ser, Anxo (5º) que tivo gran ventaxa na partida ante Casares (2º), primeiro cun claro peon de ventaxa e despois cun final gañador, acabou perdendo. Mentras tanto nunha partida moi reñida de enroques opuestos con Del Barrio (6º), ainda que con erros por ambas partes, eu (3º) estraguei un final gañado para terminar xogando para non perder.
Na mesa 4 suicidaron as opcións de cobrar Jose Ramón Pardo (8º) e Angel Domínguez (7º) en beneficio de Diego Florez que gañou na mesa 5 e que se lle derón todos os resultados necesarios para quedar 4º no torneo
Atención: a partida Diego Florez-Borja Fernández foi actualizada debido a un erro no análise forense da planilla