Resultados:

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9

Partidas:

1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9


ENGADIDAS DUAS PARTIDAS DE MIGUEL ANGEL NAS ROLDAS 7 E 8

Nota sobre a publicación das partidas:

Os comentarios das partidas están baseados nos análisis do Rybka 4 mentras se introducen as xogadas, así que son orientativos e non exentos de erros. Tan so se añaden os máis evidentes.

Bases do Torneo


Sala de xogo: Sala multiusos da nave de asociacións, no parque de Frigsa.

Ritmo de xogo: 90 minutos por xogador + 30 segundos de incremento por xogada.

O torneo disputarase a diario polo sistema suízo a 7 roldas, e será válido para a obtención de elo FIDE

1ª rolda: 11 de novembro ás 17:00 horas
2ª rolda: 12 de novembro ás 10:00 horas
3ª rolda: 12 de novembro ás 17:00 horas
4ª rolda: 13 de novembro ás 17:00 horas
5ª rolda: 18 de novembro ás 17:00 horas
6ª rolda: 19 de novembro ás 17:00 horas
7ª rolda: 20 de novembro ás 17:00 horas

Empregarase un programa informático para realizar os emparellamentos, aos cales non se poderá reclamar

Byes:Pódense pedir 3 byes (de medio punto cada un) ata a quinta rolda (incluída), deberanse solicitar vía e-mail á dirección xaquedrum@gmail.com ou por escrito na sala de xogo, cunha antelación de 2 horas.


Todo participante no torneo que non ingrese a inscrición antes do 9 de novembro non será emparellado.

Permítese un tempo de demora de 30 minutos con respecto á hora de inicio de rolda; transcorrido o cal si un xogador non está presente perderá a partida.

Todo xogador que non se presente a unha rolda sen causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios non acumulables e o xogador recibirá o de maior cuantía. Os premios estarán sometidos á retención fiscal correspondente.

Todos os xogadores deberán estar federados na FEDA, non se admitirá no torneo a ningún xogador que non estea federado.

Antes do inicio da primeira rolda publicaranse as ordes de forza ordenados por ELO FIDE, si non tivese elo FIDE considerarase o FEDA como FIDE a efectos de orde de forza inicial.

As decisións do árbitro poderanse reclamar a un comité. O comité estará formado polo director do torneo e por dous xogadores titulares e dous reservas.

Non se permitirán análise na sala de xogo.

Recoméndase aos participantes a notificación a algún árbitro cando, por razón xustificada abandonen a sala de xogo no transcurso da súa partida

A Organización resérvase o dereito a modificar as bases do II Torneo Cidade de Lugo sin outra obriga máis que a de publicalas na páxina web: www.xaquedrum.es.

A participación no Torneo supón a aceptación destas bases